Información sobre o abastecemento de auga tras a rotura na rede xeral de Emalcsa

O servizo de abastecemento de auga está a recuperar paulatinamente a normalidade tras a rotura na tarde de onte da condución xeral de Emalcsa que abastece á área metropolitana e á cidade. Tivo lugar na avenida de Rutis, na confluencia coa avenida de Ribados.

Tras producirse a incidencia, abríronse dúas liñas de traballo: a reparación da rotura e a toma de medidas para recuperar o abastecemento á poboación.

En canto á reparación da rotura: Emalcsa traballou desde ese momento e durante toda a noite para amañala. Tras achicar a auga comprobaron que a causa foi un rebentón da tubaxe antiga, que precisamente está sendo obxecto dun proxecto de renovación. A esta hora xa está arranxada e o firme da estrada xa está reposto.

En canto á recuperación do abastecemento de auga: o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, presentouse de inmediato no punto e de acordo cos técnicos determináronse as actuacións a seguir. A recuperación do servizo en Culleredo foi máis rápida debido á capacidade de resposta que ten a rede de abastecemento municipal.

As tomas afectadas en Culleredo foron as de Fonteculler, Acea de Ama e avenida de Ribados, que abastecen a unhas 1.000 vivendas. Os operarios do servizo municipal derivaron a auga desde As Brañas e Vilaboa. A primeira hora de noite, unhas 3 horas despois do incidente, a maioría dos inmobles xa dispoñían de auga, aínda que debido á rotura chegoulles moi turbia inicialmente.

A primeira hora da mañá de hoxe, no pico habitual de consumo, algúns pisos altos dalgúns edificios padeceron problemas de presión de auga. Xa non saía a auga turbia, salvo nalgún portal de inmobles situados na cola da rede de abastecemento.

En paralelo, Emalcsa variou onte o sistema para tratar derivar a auga desde A Coruña e pola Ponte Pasaxe a zonas afectadas noutros municipios.

Situación actual: estímase que a condución xeral de Emalcsa, unha vez recuperada, porase en funcionamento lentamente (hai que recargar todo o sistema) a última hora da mañá ou primeira da tarde.

No caso de Culleredo, o alcalde estivo presente a primeira hora da mañá de hoxe no punto da rotura da avenida de Rutis para avaliar a situación. Determinou cos técnicos o establecemento dun control constante da traída: non se volverá a abastecer desde a tubaxe xeral de Emalcsa ata que todos os parámetros de calidade da auga sexan os axeitados.

O Concello de Culleredo aproveitou a capacidade do seu sistema para responder á rotura de Emalcsa de forma moi áxil e seguirá o abastecemento desta maneira en tanto non estea absolutamente asegurado o funcionamento da rede xeral.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina