Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo “Auxiliar administrativa/o (Promoción interna)”
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 23 de outubro de 2017 aprobou a convocatoria e as bases da convocatoria do proceso selectivo “Auxiliar administrativa/o (Promoción interna)”.
No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 15 de decembro de 2017 (núm. 237) publicáronse íntegramente as bases que rexirán esta convocatoria.
No Diario Oficial de Galicia do 16 de maio de 2018 (núm. 93) publicouse un extracto desta convocatoria.
O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
(Publicado no B.O.E. nº 239, de 3 de outubro de 2018).
Lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da lista provisional no Boletín Oficial da Provincia co fin de emendar o defecto que motivara a non admisión do/da aspirante.
Documento adxunto: lista provisional admitidos e excluidos.pdf
Prazo subsanación. No BOP do 23 de xaneiro de 2019 (núm. 16), publicouse a lista provisional dos/das aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Os aspirantes non admitidos/as disporán de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación da resolución no BOP co fin de emendar o defecto que motivou a súa non admisión (do 24 de xaneiro ao 06 de febreiro de 2019, ambos inclusive).
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
bases_xerais_para_a_seleccion_de_persoal_funcionario_de_carreira_e_de_persoal_laboral_fixo.pdf | 116.95 KB | |
convocatoria_e_bases_da_convocatoria_probas_selectivas_auxiliar_administrativo_promocion_interna.pdf | 310.1 KB | |
solicitude.pdf | 144.73 KB | |
lista_provisional_admitidos_e_excluidos.pdf | 261.21 KB |
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER