Os alcaldes de Culleredo e A Coruña pechan o acordo para que a liña urbana 24 preste servizo a 1.500 veciños da Zapateira

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, recibiu hoxe, día 27 de setembro de 2018, ao seu homólogo da Coruña, Xulio Ferreiro, na Casa do Concello. Trátase da primeira visita institucional que facía o edil coruñés a Culleredo. Entre os temas abordados destacou o da ampliación do bus urbano herculino para poder dar servizo a 1.500 veciños da Zapateira que na actualidade carecen de calqueira tipo de transporte colectivo público.

A idea foi proposta por Riboo xa antes do verán, tras ser plantexada xunto co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, dado que hai vivendas de ambos municipios nas zonas onde se ten ampliado o servizo. Tras o estudo efectuado polo Concello da Coruña, Ferreiro confirmou hoxe o visto bó á proposta.

A solución consistirá na prolongación da liña 24, que actualmente remata as súas expedicións en Valaire. Con tres paradas máis dará servizo ás urbanizacións Vallesur e Os Olivos (Culleredo) e Montegolf (Arteixo). En principio haberá seis expedicións os días laborais, tres os sábados e dúas os domingos. Estableceranse nos picos da demanda de uso: primeira hora da mañá, mediodía e última hora da tarde, cubrindo por semana un horario de 7:00 a 22:45 horas.

As características do servizo foron definidas polo Concello de Culleredo na coordinación cos veciños da zona, olgrando unha gran participación no estudo. A nivel económico estímase unha aportación anual de 28.000 euros por parte de Culleredo e Arteixo, que asumirían a partes iguais, segundo teñen falado en reunións previas.

Agora o acordo será transmitido por Rioboo a Calvelo para obter a súa conformidade. Con ela, elevarase a proposta do convenio á Xunta para formalizalo, que continúe a tramitación e poder implantar o servizo. Os alcaldes de Culleredo e A Coruña coincidiron no seu desexo de que se formalice "o antes posible".

Rioboo destacou a "excelente relación" entre Culleredo e A Coruña e a súa vocación metropolitana común. Apuntou que estas zonas da Zapateira teñen un "déficit" de movilidade e que por iso puxeron todos os seus esforzos para darlles unha solución, ante a carencia da oferta de transporte metropolitano.

O alcalde cullerdense avanzou unha reorganización do servizo de bus interno que funciona no municipio para conectar máis urbanizacións nos núcleosda zona con estas paradas e que así poidan disfrutar tamén da liña 24. Sinalou que este acordo debe ser "un motor para a mellora do transporte metropolitano".

Rioboo agradeceu o "afán de colaboración" do alcalde coruñés e amosou a súa confianza en  seguir "estreitando lazos" para impulsar máis servizos de calidade á cidadanía.

Pola súa parte, Ferreiro destacou o "entendemento" que existe entre A Coruña e Culleredo e manifestou que "os cidadáns non distinguen de límites administrativos". Destacou que os datos de que só un 10% dos desplazamentos entre a área e a cidade sexan en transporte público é un síntoma de que é necesario establecer melloras para reducir os atascos e incrementar a calidade de vida.

Rioboo e Ferreiro plantexarán mañá, 28 de setembro, na reunión de todos os alcaldes da comarca coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a proposta de crear un consorcio de transportes coa presenza da Xunta e todos os concellos como autoridade única para dar resposta ás necesidades da cidadanía. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina