Alegacións á proposta de revisión do plan director do aeroporto de Alvedro

Con data 15 de xuño de 2018 publicouse no BOP anuncio da Dirección Xeral de Aviación Civil, polo que se somete a información pública o Informe de Sustentabilidade Ambiental, xunto coa proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de A Coruña.

 

Mediante escrito do Director Xeral de Aviación Civil de data 27/07/2018, comunicouse a este Concello o acordo de ampliación do prazo para presentar alegacións aos documentos citados ata o 18 de setembro de 2018.

 

Con data 17/09/2018 o Concello presenta ante a Dirección Xeral de Aviación Civil, documento de alegacións á proposta de revisión do citado Plan Director, fundadas en razóns técnicas e obxectivas, e que pode  consultarse en documento adxunto a este anuncio.

 

Así mesmo, ponse a disposición de tod@s os cidadáns/ás, así como das distintas asociacións do municipio, modelos de adhesión ás alegacións do Concello de Culleredo á proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de A Coruña, para presentar ante a Dirección Xeral de Aviación Civil, no caso de resultar de interese.

 

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Alcaldía (Rúa do Concello nº 12, Tarrío- Culleredo, planta primeira. Teléfono 981.677733; email: alcaldia@culleredo.es)

Vista previaAdxuntoTamaño
anuncio.pdf7.06 KB
documento_alegaciones.pdf3.36 MB
escrito_adhesion_alegaciones_asociaciones.pdf7.39 KB
escrito_adhesion_alegaciones_vecinos.pdf7.15 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina