O Club Natación Culleredo abre a tempada 2018/2019

Como o pasado inverno, o Club Natación Culleredo organiza nas instalacións do Complexo Deportivo de Acea de Ama a Escola de Natación de Inverno en colaboración co Concello de Culleredo.

As clases darán comezo o día 1 de outubro e están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos. En todos os horarios haberá grupos de iniciación e perfeccionamento divididos en sete niveis de ensino.  As clases serán impartidas por monitores titulados, de luns a xoves, do seguinte xeito:

• Luns e mércores, haberá dúas quendas de clases. Serán de 16:00 a 17:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas.
• Martes e xoves tamén haberá dous turnos de natación, tamén de 16:00 a 17:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas

Os prezos para dous días á semana son: 30,60€/mes para familia numerosa, 32,40€/mes por desconto de irmáns e 36€/mes para o resto. Terán preferencia as inscricións de dous días e dependendo das prazas dispoñibles pódese estudar a opción de un día por semana (22€/mes) ou tres días por semana (49€/mes). As inscricións dun día faranse a partir do 17 de setembro.

Para solicitar máis información, podedes chamar aos teléfonos do Club Natación Culleredo, tanto ao 698 164 284 ou ao 981 207 170. Tamén podedes contactar a través do correo electrónico cnculleredo@gmail.com.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina