Comeza a tempada de natación 2018/2019 no Club Natación As Mariñas

O Club de Natación As Mariñas abre o período de inscricións para a vindeira tempada do seu curso de natación. Os horarios, xa definidos, serán os seguintes:

• O primeiro grupo, acudirá de martes a xoves en horario de 18:00 a 19:00 horas, na instalación de Rialta.
• Nos mesmos días, martes e xoves, pero de 19:00 a 20:00 horas acudirán os rapaces do grupo 2, tamén na instalación Rialta.
• Os nenos e nenas do terceiro grupo terán clases os venres de 16:00 a 17:00 horas en Acea de Ama.
• Tamén os venres en Acea de Ama, en horario de 17:00 a 18:00 poderán asistir os rapaces do grupo 4.

Os prezos poden variar en función do número de inscritos. Para as persoas que desexen asistir un día á semana, o prezo será de 22€ ao mes (20€ con tarifa reducida). Os que queiran acudir dous días á semana terán que aboar 38€ ao mes (34€ no caso da tarifa reducida). Só poden acollerse á tarifa reducida familias numerosas ou cun segundo irmán.

Os interesados en anotarse terán que achegarse ao edificio de Servizos Múltiples do Burgo os días 18, 20 e 21 de setembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. A partires do día 21 de setembro as inscricións poderanse facer por correo electrónico, no enderezo clubnatacionasmarinas@gmail.com O pago da primeira cuota de inscrición realizarase no momento da inscrición. Hai que cubrir unha ficha de matrícula. dispoñible no edificio de Servizos Múltiples, na web www.cnasmarinas.es e adxunta nesta nova.
 

Vista previaAdxuntoTamaño
hoja_de_inscripcion_temporada_2018_club_natacion_as_marinas.pdf529.55 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina