Culleredo aposta por previr o fracaso escolar e a integración dos escolares do municipio

A Concellería de Educación de Culleredo, á fronte da cal se atopa a edila Carmen Varela, quen leva anos proporcionando apoio e reforzo educativo a alumnado con problemas ou dificultades nos estudos.

Trátase de fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento e deste xeito contribuír a previr o fracaso escolar e lograr unha mellor integración.

O programa desenvólvese ao longo do curso escolar e nos meses de xullo e agosto, co fin de axudar aos alumnos a preparar as asignaturas pendentes, ou aos que se lles inculcan valores como o respecto e a empatía, contribuíndo a un aumento da autoestima e a motivación.

Esta actividade tivo lugar duarante o curso para Primaria nos colexios CEIP Díaz Pardo e no CEIP Ría do Burgo, e para Secundaria nos edificios do Pazo de Vila Melania e no Centro Social Virginia Blanco.

Nos meses de verán, lévanse a cabo nos edificios municipais de Villa Melania e Servizos Múltiples.

Dentro deste programa, que se inclúe tamén o Proxecto SupéraT, e ten como finalidade facilitar ás persoas que abandonaron o sistema educativo que poidan prepararse para as probas libres de obtención do título de Graduado en Educación Secundaria. Trátase de clases de apoio que lles axudan a comprender os contidos dos exames e oriéntaselles das posibles saídas laborais que poidan ter tras a superación das probas. Este apoio recíbeno ao longo de todo o ano, a excepción dos meses de xuño e setembro.

Tanto no Proxecto ReforzaT como no de SupéraT, a demanda aumentou desde o ano 2010. En ambos proxectos se complementa a formación académica con outras actividades, como a adquisición de técnicas de estudo, valoración de hábitos de aprendizaxe, charlas sobre a prevención de consumo de drogas e outras adicións que se dan na adolescencia, visionado e debate de películas ou vídeos relacionados con temas de valores educativos.

 
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina