O alcalde de Culleredo clama por “medidas urxentes” que eliminen as trabas legais para usar o superávit para investimentos

A situación é a seguinte. O  Concello de Culleredo conta máis de 7,3 millóns de euros de remanente de tesourería, froito dun traballo progresivo de aforro e contención do gasto. É a mellor situación económica da historia recente do municipio.

Con esta boa saúde nas arcas municipais, o primeiro edil ten previsto dar resposta a moitas das peticións de obras trasladadas polos veciños. Por iso pretendía levar a este pleno do mes de xullo unha proposta de modificación orzamentaria para dedicar 1,27 millóns de euros a un plan de investimentos no que se incluían principalmente actuacións de mellora da rede viaria.

Destacaba por exemplo un proxecto moi esperado: a modernización de Fonte da Balsa, en Vilaboa. E o arranxo de camiños nas parroquias que se atopan nun estado nefasto. “Non  nos resignaremos, queremos poder usar o diñeiro dos veciños en temas imprescindibles como estes”, avanza.

Con todo, a pesar da súa bonanza económica, os obstáculos da lexislación impiden polo de súpeto esta iniciativa. Intervención alerta de que a aprobación deste expediente supoñería incumprir o principio de estabilidade orzamentaria, cuxo obxectivo para 2018 está en cero para todos os concellos de España, con independencia do estado das súas contas. Así, o texto legal único para todas as corporacións local frea a intención do goberno local de Culleredo de aproveitar o superávit para esas actuacións tan esperadas.

Rioboo levará o asunto á nova ministra de Administracións Públicas como membro da FEMP e da executiva socialista. O  Concello de Culleredo é compoñente da Comisión de Facenda da FEMP e tamén elevará alí a problemática, que  generá ademais moita incerteza entre o persoal funcionario, con variadas interpretacións diferentes dun texto que debería ser claro.

Se os  Concellos teñen estes obstáculos para poder empregar fondos do seu superávit, o mesmo ocorre para poder executar os fondos incluídos xa no orzamento municipal e sobre os que non hai dúbidas. A nova lei de contratación, que entrou en vigor o pasado marzo, supuxo unha paralización do funcionamento da administración polos múltiples trámites confusos que impuxo.

“A carga de traballo aumentou para os  Concellos de forma  superlativa”, advirte Rioboo. E con todo, o Estado segue sen autorizar o incremento de persoal administrativo que permita liquidar esta saturación administrativa.

Para o alcalde, a situación é “absolutamente insustentable” para garantir un funcionamento normal dos concellos e atender de forma  diligente as peticións da cidadanía. É unha cuestión na que coinciden os alcaldes de todas as cores políticas “e que non podemos admitir que continúe”.

O primeiro edil está convencido de que se poden adoptar medidas “lóxicas e inmediatas” que favorezan o traballo normal da administración municipal. “En Culleredo fixemos os deberes, temos as contas saneadas e diñeiro para investir pero non nos deixan”, lamenta o rexedor, que alerta do prexudicado é o veciño. “O superávit non nos deixan e o orzamento é tan difícil de executar coa nova lei que nos imos a xuntar coa elaboración do novo. É indignante" conclúe

A situación é a seguinte. O  Concello de Culleredo conta máis de 7,3 millóns de euros de remanente de tesourería, froito dun traballo progresivo de aforro e contención do gasto. É a mellor situación económica da historia recente do municipio.

Con esta boa saúde nas arcas municipais, o rexedor ten previsto dar resposta a moitas das peticións de obras trasladadas polos veciños. Por iso pretendía levar a este pleno do mes de xullo unha proposta de modificación orzamentaria para dedicar 1,27 millóns de euros a un plan de investimentos no que se incluían, principalmente, actuacións de mellora da rede viaria.

Destacaba, por exemplo, un proxecto moi esperado: a modernización de Fonte da Balsa, en Vilaboa. E o arranxo de camiños nas parroquias que se atopan nun estado nefasto. “Non  nos resignaremos, queremos poder usar os cartos dos veciños en temas imprescindibles como estes”, avanza.

Con todo, a pesar da súa bonanza económica, os obstáculos da lexislación impiden polo momento esta iniciativa. Intervención alerta de que a aprobación deste expediente supoñería incumprir o principio de estabilidade orzamentaria, cuxo obxectivo para 2018 está en cero para todos os concellos de España, con independencia do estado das súas contas. Así, o texto legal único para todas as corporacións local frea a intención do goberno local de Culleredo de aproveitar o superávit para esas actuacións tan esperadas.

Rioboo levará o asunto á nova ministra de Administracións Públicas como membro da FEMP e da executiva socialista. O  Concello de Culleredo é compoñente da Comisión de Facenda da FEMP e tamén elevará alí a problemática, que xerará ademais moita incerteza entre o persoal funcionario, con variadas interpretacións diferentes dun texto que debería ser claro.

Se os Concellos teñen estes obstáculos para poder empregar fondos do seu superávit, o mesmo ocorre para poder executar os fondos incluídos xa no orzamento municipal e sobre os que non hai dúbidas. A nova lei de contratación, que entrou en vigor o pasado marzo, supuxo unha paralización do funcionamento da administración polos múltiples trámites confusos que impuxo.

“A carga de traballo aumentou para os  Concellos de forma  superlativa”, advirte Rioboo. E con todo, o Estado segue sen autorizar o incremento de persoal administrativo que permita liquidar esta saturación administrativa.

Para o alcalde, a situación é “absolutamente insustentable” para garantir un funcionamento normal dos concellos e atender de forma dilixente as peticións da cidadanía. 

O primeiro edil está convencido de que se poden adoptar medidas “lóxicas e inmediatas” que favorezan o traballo normal da administración municipal. “En Culleredo fixemos os deberes, temos as contas saneadas e cartos para investir, pero non nos deixan”, lamenta o rexedor, que alerta do prexudicado é o veciño. “O superávit non nos deixan e o orzamento é tan difícil de executar coa nova lei que nos imos a xuntar coa elaboración do novo. É indignante" conclúe.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina