O Concello de Culleredo promove o exercicio físico durante todo o ano a través do seu 'Verán movidiño'

Outro ano máis o Concello de Culleredo organiza o seu 'Verán  Movidiño', que comeza o luns 23 de xullo e termina o 30 de setembro e pretende promover o exercicio físico durante os  meses de verán, tanto de maneira individual como  grupal.
 
O obxectivo é que a xente continúe durante o inverno levando a cabo este tipo de prácticas pola súa conta ou inscribíndose na oferta deportiva e de actividade física do Concello ou doutras entidades do termo municipal.
 
As sesións, que se realizan un día a semana durante unha hora en 6 lugares do Concello (Sueiro, Tarrío, Celas, Fonteculler, O Burgo e Vilaboa) teñen un carácter de captación e de prevención, son de acceso libre, sen cota de inscrición e van dirixidas a todas as idades. Realízanse en espazos abertos, con música e en contacto coa natureza, utilizando os recursos que hai na contorna.
 
Compleméntanse estas sesións cun itinerario saudable, a finais de setembro,  que se levará a cabo por unha zona do municipio onde poñer en práctica o aprendido, reforzando o sentimento de grupo.
 
No folleto aparecen os lugares, días e horas nos que se realiza esta actividade, que son os mesmos do ano pasado e nesta ocasión ademais haberá un grupo de nova creación a petición dos veciños: en Vilaboa no Pazo de Vila Melania os mércores de 18 a 19 horas.
 
Xa podedes consultar o programa definitivo de 'Verán Movidiño' no documento adxunto. 
 
Vista previaAdxuntoTamaño
folleto_veran_movidino_.pdf1.46 MB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina