Dispositivo especial de seguridade e tráfico polas festas de Vilaboa, que comezan mañá

Desde o venres, 6 de xullo, ata o martes, 10 de xullo, celebraranse as festas de Vilaboa. O Concello de Culleredo preparou un dispositivo especial de seguridade formado pola Policía Local, Guardia Civil e Protección Civil.
 
Será un plan de seguridade coordinado, centrado na atención ao cidadán e na regulación do tráfico:
  • Reforzaranse todos os días as quendas dos axentes da Policía Local en horario nocturno, cando se concentra un maior número de asistentes ás festas.
  • Durante as noites permanecerá cortada a rúa A Senra. Será desviado o tráfico pola rúa Gómez Pérez dás Mariñas, desde onde se derivará polos Álamos. E tamén se pechará á circulación a avenida de Cordeda, entre a N-550 e Industrias Camaño.
  • O luns 9 e o martes 10 cortaranse desde as 22.30 horas as rúas Roi Xordo e Breogán. E mesmo Alejandro Pérez Lugín, en función da evolución da festa.
  • Prohibirase o estacionamento na zona da festa e amplíase o espazo peonil con valos que xa están colocadas.
  • Para lograr un paso seguro entre a praza da Igrexa e a zona das atraccións, efectivos de seguridade estarán permanentemente regulando o paso de peóns da avenida.
  • O Concello establecerá dúas zonas para o estacionamento de persoas con mobilidade reducida: na Nacional 550, enfronte da praza da Igrexa, e na Senra. Na avenida de Vilaboa haberá tamén un espazo reservado para taxis e autobuses.
  • Recoméndase a asistencia en transporte público para evitar problemas de tráfico.
  • Estableceranse controis constantes por parte do operativo de seguridade na entrada e saída da zona da festa.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina