Proceso selectivo Mestres programación AFD 2018 – 2019 (persoal laboral temporal)

Convocatoria selección mestres programación AFD – 2018-2019 (persoal laboral temporal)

Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, de mestras/es para impartir as unidades de competencia das especialidades da programación AFD, exercicio 2018-2019.

A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión do 04 de xuño de 2018 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.

O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Prazo presentación solicitudes. No BOP do 22 de xuño de 2018 (núm. 118), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 25 ao 29 de xuño de 2018, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (20, 23 e 24 de xullo de 2018) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión. (Documento adxunto: Lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos.pdf)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

(Documento adxunto: Lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos.pdf)

Convocatoria fase de oposición. Defensa da memoria. Convócase aos aspirantes admitidos á realización da fase de oposición do proceso selectivo (defensa durante un período máximo de 20 minutos da memoria presentada xunto coa solicitude) no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” (r/Antonio Machado s/n, O Burgo-Culleredo) – Teléfono 981 66 42 04), no día e hora que se detalla no documento que se achega.

(Documento adxunto: Convocatoria fase de oposición. Defensa da memoria.pdf)

 

Vista previaAdxuntoTamaño
convocatoria_e_bases_da_convocatoria.pdf388.11 KB
solicitude.pdf1.1 MB
lista_provisional_admitidos_e_excluidos.pdf403.67 KB
lista_definitiva_dos_aspirantes_admitidos_e_excluidos.pdf488.64 KB
convocatoria_fase_oposicion._defensa_da_memoria.pdf353.94 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina