Culleredo recoñece a “valentía” dos gardas civís que rescataron a unha familia dun incendio en Fonteculler

A acción heroica realizada por dous gardas civís o pasado 26 de maio motivou o acto de recoñecemento ao seu servizo organizado hoxe polo Concello de Culleredo. O alcalde, José Ramón Rioboo, agradeceu en nome da cidadanía do municipio “o valor, valentía e profesionalidade” de Salvador Ponte e Fran Calabria, os dous axentes do posto da Garda Civil de Cambre que aquela madrugada do 26 de maio entraron no edificio da avenida de  Fonteculler onde se declarou un lume para salvar á familia dun dos pisos próximos afectados polo fume.
 
Dentro atopábanse unha avoa e a súa neta. Xunto coa Policía Local de Culleredo entraron no edificio e foron os dous gardas civís os que entraron no piso e lograron rescatar ás afectadas.
 
“Arriscastes as vosas vidas por salvar as súas e iso quedaranos para sempre na retina”, sinalou o alcalde no acto. Os dous homenaxeados, acompañados dos responsables dos postos de Cambre e Culleredo e do xefe da Policía Local cullerdense, quixeron agradecer así mesmo a colaboración obtida ese día dos veciños, que axudaron na intervención.
 
Rioboo destacou así mesmo a coordinación con Policía Local e Bombeiros para resolver felizmente a situación. Como final do acto, entregou a Salva Ponte e Fran Calabria, veciños de Culleredo, unha Torre de Celas en Sargadelos, un pequeno recordo para un servizo heroico á cidadanía.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina