Deportes náuticos e de aventura, oferta estival do Concello de Culleredo para os mozos

A Concellería de Xuventude do Concello de Culleredo, de acordo cos usuarios, deseñou unha oferta de campamentos de verán baseada nos deportes náuticos e de aventura, para os que se abre a inscrición a partir de mañá, martes 29 de maio.
 
Son dous campamentos os que oferta o Concello. O primeiro, destinado para mozos de 12 a 14 anos de idade, estará centrado na multiaventura. Participarán en modalidades como rugbytag,  sofbol,  ultimate,  lacrosse,  speedball,  mazaball, tiro con arco, kaiak ou orientación, incluíndo tamén unha excursión ao Aquapark.
 
 
O segundo comprenderá as idades de 14 a 17 anos (para participar hai que ter cumpridos os 14 anos antes do 2 de xullo) e será un campamento náutico. As actividades incluirán surf, canoa, padelsurf, xincanas e unha noite de acampada no albergue de Gandarío. Tamén visitarán o Aquapark.
 
 
Ambos terán lugar no polideportivo do CEIP Ría do Burgo do 2 ao 13 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
 
A inscrición nos campamentos comprenderá do 29 de maio ao 8 de xuño. Será necesario entregar a instancia no rexistro municipal. Cubriranse as 60 prazas por orde de inscrición.
Vista previaAdxuntoTamaño
folla_de_preinscricion_rexistro.pdf394.51 KB
info_campamentos_2018.doc362.5 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina