Este domingo os vehículos históricos rodarán por Culleredo

Este domingo, 27 de maio, os veciños de Culleredo terán a sensación de viaxar atrás no tempo. Polas rúas do municipio rodarán os coches e as motos clásicas que participarán na quinta edición do Rally de Culleredo, de regularidade e vehículos históricos, organizado polo ‘Club clásico Os  Brozos’ coa colaboración do Concello e Motoclub Culleredo.
 
Haberá modelos, uns 25 coches e 10 motos, de todo tipo. Todos eles teñen máis de 25 anos de idade e poderán contemplarse na explanada do Paseo Marítimo do Burgo a partir das 9.00 horas, antes do comezo da proba.
 
Ás 11.00 horas comezará a proba para os inscritos. Será un paseo (o límite máximo de velocidade é de 49 km/ h) polo  Xalo, Carral,  Meirama, Boedo,  Loureda, Cambre e regreso ao Burgo ás 16.00 horas. Ao comezo do rally os participantes farán unha parada no cemiterio de Culleredo para depositar un ramo de flores en homenaxe a José Ramallo, ‘ Pequecho’. 
 
Este ano todos os puntos do percorrido bautizáronse co nome de pilotos que tiveron gran relevancia en Culleredo e en toda a comarca, tendo así o tramo Pequecho, Carlos Piñeiro, Carlos Pan, Santiago Salido, Carlos Arrojo e Doutor José  Larrea.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina