O carril bici do Paseo Marítimo estará cortado o domingo durante a VII Carreira pola Ría do Burgo

O  Concello de Culleredo celebra este domingo 10 de xuño, a VII Carreira pola Ría do Burgo no paseo marítimo do Burgo. Congregará a 650 corredores de distintas categorías.
 
A categoría absoluta, de 10 qm. de duración, comezará ás 11.00 horas na contorna das pistas deportivas. Ás 12.30 horas chegará a quenda de cadetes, infantís e xuvenís. Ás 12.50 comezará a modalidade para benxamíns e alevíns, ás 13.00 para prebenxamíns e ás 13.10 para os denominados  pequerrechos. 
 
No tempo que transcorra a carreira, de 9 a 14 horas, prohibirase o paso polo carril bici. Os accesos estarán debidamente sinalizado se o Concello dispuxo un operativo especial de seguridade.
 
A proba, organizada polo Concello de Culleredo, está incluída no circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo. A medición de tempos levarase a cabo mediante chips nos dorsais que se poderán recoller previamente. Haberá  avituallamientos ao final e en metade da carreira.
 
Percorrido 10k
 
Vista previaAdxuntoTamaño
regulamento_de_ria_de_burgo_2018.doc1006 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina