O I Gran Premio As Mariñas de ciclismo sairá de Culleredo

Este domingo, 20 de maio, As Mariñas coruñesas converteranse na capital do ciclismo galego coa celebración do Campionato Galego de Fondo na estrada Elite sub-23, I Gran Premio Consorcio As Mariñas, organizado polo Club Ciclista Cambre Caeiro e que terá saída e chegada no Concello de Culleredo.
 
Participarán na proba máis de 100 corredores de equipos de Galicia, Asturias, León e Portugal. A saída será desde a avenida Xoan Carlos I e despois percorrerá 118 quilómetros polos oito municipios pertencentes ao Consorcio, sendo a do Monte  Xalo a subida máis destacada. Haberá un dispositivo de seguridade formado por máis de 100 voluntarios e ademais o operativo terá 15 motos da Garda Civil de Tráfico e outras 14 da organización. 
 
O I Gran Premio Consorcio As Mariñas será o pistoletazo de saída para unha campaña de compostaxe doméstica promovida polo ente supramunicipal. Para difundir esta campaña, o slogan será # pedaleoareciclar e no recinto multiusos da ría do Burgo, no que estará prohibido o aparcamento, dispoñerase unha carpa como punto informativo para os veciños. Haberá contedores para o depósito de oito tipos de residuos e repartiranse camisetas e bolsas da campaña. Haberá tamén un ecophotocall e talleres sobre compostaxe. Ademais, para amenizar a mañá o Concello de Culleredo organizará unha sesión de zumba que terá lugar de 12 a 13 horas.
 
O presidente da Federación Galega de Ciclismo mostrouse encantado por conxugar o transporte sustentable en bicicleta coa promoción da reciclaxe. Tamén destacou a dinamización da contorna que logra o ciclismo e a riqueza paisaxística que se poderá ver no percorrido. A proba está financiada ao completo por Ferrovial, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos do Consorcio.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina