Recital poético-musical 'De abrentes e ocasos', de Teatro do Atlántico

Este mércores, 16 de maio, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo albergará, a partir das 20:30 horas o recital poético-musical 'De abrentes e ocasos', de Teatro do Atlántico.
 
Coa interpretación de María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago e a música de Nani García. Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza.
 
Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a violencia de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra; o espazo dos soños…; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega. Nesta intensa e emotiva viaxe acompáñanos a palabra de vinte e dous poetas:
 
O.Kayyám/Plácido Castro:Rubaiyat (escolma)
Uxío Novoneyra:Os eidos (Escolma)
Marta Dacosta: A auga foi muller / Exhibo o meu corpo/ 21 anos
Eduard Velasco: Eu quería escribir sobre o lugar
Fiz Vergara Vilariño: Tivera eu, amor
Sophia De Mello: Polas túas mans /É o teu rostro /Inma López Silva:Unha burbulla de amor cósmico
Manolo Rivas: A negra terra /Televisión/Fonema
Eduardo Blanco Amor: Romance de outono
Xúlio L.Valcárcel: Olores/Naemor Kabull
Antía Otero: Antes /As casas deixan cicatrices/ Sabes cando nas mudanzas
Salvador García Bodaño: Nacín no piso vinte
Pilar Pallarés: Á tarde, cun can e un libro
Luísa Villalta: E estoupa o día
Xosé Mª Álvarez Cáccamo: O Banco Mundial
Olalla Cociña: Formula o seu desexo
Enma Pedreira: Cinsenta / O traxe novo do emperador
Miguel A. Fernán Vello: Os repatriados
Xosé L. Méndez Ferrín: Estirpe /Quero vivir
Avilés de Taramancos: Se solto a voz no mar
Álvaro Cunqueiro: Deloutro lado das montañas
Eva Veiga: Meu avó dixo

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina