Culleredo consolida a súa importancia na escena teatral e musical galega cunha oferta ampliada para 2018

O  Concello de Culleredo confirma o seu protagonismo no panorama cultural galego cunha ampla e variada programación de aquí ao final de ano. A oferta municipal reúne artistas de primeiro nivel no panorama galego, tanto no apartado dirixido a adultos como no infantil, destacando así por variedade e cantidade.
 
Serán un total de 27 espectáculos de teatro e 13 concertos que se distribuirán ao longo de todos os meses do ano, excepto agosto que se descansa. Isto supón un incremento notable da programación, logrando unha das principais ofertas dos municipios galegos.
 
Compañías teatrais como Teatro do Atlántico, Sarabela, Elefante Elegante, Malasombra ou  Redrum terán participación no programa. Poderase gozar das interpretacións de actores como Luis Iglesia, María Barcala, ou Celso Parada. E de magos como Martín Camiña ou Dani García.
 
E no apartado musical visitarán Culleredo, entre outros, Xoán  Eiriz, os Dixie King e oito grupos de jazz de primeiro nivel que conformarán o programa do Festival BurgoJazz, do venres 29 de xuño ao luns 2 de xullo.
 
A esta oferta hai que sumar a xa realizada en abril, onde destacou a actuación do humorista Leo  Bassi.
 
Unha das particularidades que distingue á programación cultural do Concello de Culleredo é o acceso gratuíto para o público. Algunhas dos espectáculos pódense ver noutros puntos de Galicia, pero de pago.
 
A concelleira de Cultura, Carmen Varela, destaca o “papel principal” de Culleredo no escenario cultural de Galicia. “Facemos os nosos máximos esforzos por configurar unha programación de calidade para que os veciños poidan acceder a actos cultural da forma máis sinxela”, apunta.
 
O programa variado para todos os sectores de idade está a resultar e por iso o goberno municipal potenciarao este ano. Normalmente os actos fíxanse en venres, pero neste programa xa se amplía aos xoves para incrementar a oferta.
 
O  Concello quere espremer ao máximo as posibilidades dos seus escenarios. En 2017 pasaron polo auditorio municipal do Burgo un total de 6.329 persoas. Unha cifra récord que agora o goberno local quere incrementar con esta ampliación da programación.
 
A todo isto hai que engadirlle a potente programación infantil na Biblioteca Municipal, con actividades todas as semanas do ano con contacontos, talleres e actividades de animación á lectura.
 
Consulta a programación anual no adxunto:
Vista previaAdxuntoTamaño
programacion_anual.pdf3.34 MB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina