Todo preparado no Xalo para recibir o domingo a un milleiro de persoas na novena edición da Travesía

Hai moitas carreiras e andainas en España, pero ningunha como esta. A IX Travesía do Xalo terá lugar este domingo, 29 de abril, cunha participación prevista dun milleiro de persoas e coa combinación entre deporte e festa que promove a organización.
 
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o actor Xosé Antonio Touriñán, en representación de Castelo Deporte -asociación organizadora- presentaron hoxe o evento na Casa do Concello. Estiveron acompañados de Rocío García, coordinadora das xuntas locais da Asociación Española Contra o Cancro, e de Miguel Suárez, concelleiro de Deportes.
 
Rioboo enxalzou o traballo desmedido de Castelo Deporte e os veciños “para dinamizar e  poñer en valor a parroquia”. O alcalde asegurou que a “Travesía vai a  máis cada ano” e prometeu buscar novidades importantes para a próxima edición, a décima, como lle propuxo Touriñán.
 
Neste sentido, o rexedor apuntou a quizais a duodécima edición para contar con novos carreiros fluviais desde o Xalo ata O Burgo, un dos proxectos “ máis ambiciosos” do  Concello e que se valerá dos fondos europeos  FEDER logrados para executalo.
 
Touriñán, pola súa banda, mostrou o seu “orgullo” de ser de Castelo e dos 60 ou 70 veciños que colaboran limpando o monte, permitindo así cada ano idear novos trazados na proba. “ Foron  eles quenes fixeron grande a Travesía e  agora  temos unha dás  principais de Galicia”, afirmou.
 
O concelleiro de Deportes lembrou tamén o avance de Castelo Deporte que naceu como asociación xuvenil e agora está totalmente consolidada.
 
A carreira será de 23 km e a andaina de 11. Os corredores terán un desnivel positivo de 1.300 metros e os senderistas de 400 metros. Como é habitual na proba, tras a carreira chegará a festa con churrascada e música.
 
Non faltará a compoñente solidaria. O 10% do recadado nas inscricións dirixirase á AECC. O seu representante agradeceu a colaboración “fundamental” para o seu traballo de atención aos enfermos e de investigación.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina