Culleredo lanza os seus campamentos urbanos de verán

O Concello de Culleredo convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas, cos que pretende favorecer a conciliación da vida laboral e familiar para a época estival. Estas actividades estarán orientadas a fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e outras dinámicas grupales rexidas polos valores de cooperación, respecto, igualdade e apoio mutuo.
 
A oferta municipal, dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos, inclúe campamentos de distinta duración. Así, haberá dúas quendas de cinco semanas, dúas de tres, e outros dous de dous, todos eles entre o 25 de xuño e o 31 de agosto. As actividades desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario de 9.00 a 14.00 horas. 
 
Así mesmo, os pais terán a posibilidade de deixar aos seus fillos para comer, para o que o horario se ampliaría ata as 15.30 horas. Tamén hai posibilidade de almorzo, de 7.45 a 9.00 horas. En canto ao lugar, o CEIP Díaz Pardo acollerá as actividades dirixidas a nenos de entre 3 e 5 anos, e o Sofía Casanova albergará os campamentos de 6 a 12. 
 
O período de solicitude de praza está xa aberto ata o 16 de abril. Os interesados terán que acudir ao Servizo de Educación, sito en Servizos Múltiples, e presentar os documentos pertinentes para acreditar a necesidade de conciliación familiar. O 30 de abril publicarase a listaxe definitiva dos admitidos, tras o que se abrirá o prazo de matrícula, do 2 ao 11 de maio.
 
A esta iniciativa municipal terán acceso preferente as persoas empadroadas en Culleredo, así como aquelas familias que acrediten por escrito a súa necesidade de conciliación. 
Vista previaAdxuntoTamaño
diptico_xix_manas_de_campamento_2018.pdf110.21 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina