Culleredo proxecta a rehabilitación integral do corazón de Fonteculler

O  Concello de Culleredo programa unha actuación de mellora integral no centro de Fonteculler. Abarcará á rúa das Brañas e a parte de Jorge Guillén, dúas vías neurálxicas na parte tradicional do núcleo.
 
O goberno local aposta por un proxecto de mellora urbana que actúe tanto a nivel de seguridade, como da imaxe e prestacións das vías. O incremento da seguridade dos peóns será un dos eixos do proxecto mediante diferentes propostas. A día de hoxe,  As Brañas conta con tramos sen beirarrúas ou onde é difícil a accesibilidade.
 
O proxecto do Concello consistirá na creación de novas beirarrúas en zonas onde actualmente os peóns transitan pola calzada. Ampliaranse as beirarrúas existentes en diferentes puntos e realizaranse pasos de peóns sobreelevados, con sinalización LED.
 
Tamén se substituirá o pavimento das beirarrúas, cambiando a baldosa actual por outra de formigón, en tons grises e negros, que melloren a integración estética da contorna. Así mesmo, renovarase o mobiliario urbano coa instalación de novas papeleiras, varandas, gardacontedores ou xardineiras.
 
A nivel de servizos renovarase a iluminación instalando farois con luminarias tipo LED, eficientes e con maior luminosidade. Ademais, rehabilitaranse as zonas axardinadas, contribuíndo á mellora da imaxe da zona.
 
Na actuación manteranse as prazas de aparcadoiro existentes, dada a súa necesidade para os residentes. Instalaranse topes de formigón nos aparcadoiros para evitar que os coches invadan as beirarrúas, labor que tamén se realizará mediante bolardos e xardineiras, medida que profundará nesa protección do peón.
 
Outra tarefa consistirá na mellora da recollida de augas pluviais coa instalación dunha reixa de  fundición dúctil. O obxectivo será evitar que a escorrentía superficial discorra cara aos garaxes comunitarios.
 
Finalmente, rehabilitarase todo o firme na actuación cun fresado e reposición de 5 centímetros de mestura bituminosa, e sanearanse as zonas que teñen fochancas e afundimentos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina