Programa de actividades infantís para abril nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de abril, o mes do libro, para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).
 
Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio:
 
  • 2 de abril (O Burgo): contacontos + obradoiro 'O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa'
  • 6 de abril (O Burgo): contacontos coa Dragona Ramona 'O que escoitou a xoaniña'.
  • 13 de abril (O Burgo): contos en inglés 'It's mine'.
  • 19 de abril (O Burgo): obradoiro de cociña.
  • 20 de abril (O Burgo): obradoiro de contos 'Quérote (case sempre)'.
  • 23 de abril (O Burgo): obradoiro co mago Alber.
  • 25 de abril (O Burgo): contacontos de Carballo con botas 'Unha árbore ven a vernos'.
  • 26 de abril (Vilaboa): contacontos de bebés con Charo Pita 'Dondorindongo e a Dondorindonga'.
  • 27 de abril (Vilaboa): contacontos coa Dragona Ramona 'O que escoitou a xoaniña'.
 
Todas estas actividades levaranse a cabo polas tardes ás 18:30 horas agás o contacontos para bebés que é ás 17 horas e o obradoiro de cociña que se levará a cabo en dous turnos, ás 17 e ás 19 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina