O servizo municipal de Emerxencias de Culleredo alcanzou as 1.926 intervencións en 2017

O servizo de Protección Civil e Emerxencias do  Concello de Culleredo acaba de publicar a súa memoria de actuacións e intervencións relativas ao exercicio 2017. Os efectivos tiveron unha inxente actividade, en resposta ao interese do Concello por ofrecer un servizo de intervención rápida aos veciños, sumando un total de 1.926 actuacións, un 22,75% máis que en 2016.
 
Son máis de 50 as tipoloxías de intervencións nas que o corpo presta os seus servizos. O pasado ano, por primeira vez, as incidencias pola vespa velutina son as máis numerosas. Rexistráronse 620 actuacións, máis do dobre do 2016, cando se produciron 286.
 
O  Concello emprendeu un plan continuado nos avisos de niños en lugares como vivendas ou espazos con afluencia de cidadáns para dar resposta nun tempo mínimo. Os meses de verán foron rexistradas máis intervencións pola vespa asiática: 104 en xuño, 105 en xullo e 117 en agosto.
 
Outra das intervencións de seguridade máis habituais foron as despregadas polos efectivos nas entradas e saídas dos colexios, cun total de 325 servizos. A actuación ante animais domésticos soltos foi outra das máis numerosas un ano máis, con 142 rexistros. 
 
A retirada de árbores e ramas tamén se fixo notar en 2017 cun total de 76 intervencións. A maior parte tiveron lugar en decembro, con 33 rexistros.
 
Os accidentes de tráfico con feridos nos que participou Protección Civil foron 41, dez menos que o ano anterior, e os accidentes sen feridos 28, 19 menos que o ano anterior, colaborando con Policía Local e Garda Civil en case todos eles. Os incendios foron en total 30, sendo a maioría (15) de carácter urbano e (8) forestais.
 
Aínda que o servizo de Protección Civil préstase durante todo o ano, a necesidade de actuación presenta unha variación segundo a época do ano. Os meses de xuño e xullo e novembro mostran un pico no número de intervencións con 212 e 208 e 208 respectivamente. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina