Culleredo adapta o servizo de padrón aos requisitos da lexislación

O Concello de Culleredo informa da regularización levada a cabo no Servizo de Padrón. Ata agora este servizo completo prestábase na Casa do Concello e no Edificio de Servizos Múltiples. En Vila Melania podíanse solicitar volantes de empadroamento; as certificacións ou as altas e baixas podíanse pedir, pero tramitábanse na Casa do Concello, sendo entregadas días máis tarde por un notificador.
 
A nivel legal de protección de datos xa non se pode contemplar esta posibilidade e por iso os servizos técnicos determinaron que o padrón se efectúe na Casa do Concello e en Servizos Múltiples, onde existe o rexistro.
 
Agora, a petición de volante de empadroamento, único trámite que se facía en Vila  Melania, pódese realizar vía telefónica no 981677777. O Concello enviarao ao domicilio do solicitante. Os volantes colectivos débense tramitar in situ, como xa ocorría antes.
 
Polo tanto, o único servizo de padrón que se ofrecía en Vila Melania pódese realizar por teléfono. O resto de peticións, por cuestión legal de protección de datos, débese realizar en Servizos Múltiples ou Tarrío.
 
O Concello ten abertos dous rexistros: o xeneral na Casa do Concello e o auxiliar no Edificio de  Servizos Múltiples, creado para achegar á administración á trama urbana. Os servizos técnicos municipais xa determinaron que non se poden crear máis. Cabe destacar que o funcionamento de dous rexistros supón un importante esforzo a nivel de persoal e organización para un Concello.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina