Culleredo ofrece 50 prazas a nenos do municipio para participar como figurantes na Cabalgata de Reis

O  Concello de Culleredo quere convidar aos nenos e nenas do municipio para participar como "figurantes" na Cabalgata de Reis 2018, que como é habitual vaise celebrar o 5 de xaneiro de 2018. Pódense inscribir todos os que, na data do 1 de xaneiro, teñan unha idade comprendida entre os 8 e os 11 anos. O total de prazas ofertadas será de 50.
 
O período de inscrición de solicitudes estará aberto desde as 10 horas do martes 12 de decembro ata as 20 horas do martes 19. As solicitudes formalizaranse enviando un correo electrónico a turismo@culleredo.es, onde se deben facilitar os seguintes datos:
 
- Nome, apelidos e data de nacemento (idade) do neno/a.
- Nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, no seu caso, que autoriza a participación do menor na cabalgata.
- Teléfonos de contacto.
- Correo electrónico.
- Autorización de uso da imaxe.
 
Aquelas persoas que desexen facelo presencialmente poden achegarse desde o día 14 de decembro ao Centro municipal de formación Pablo Picasso. No caso de que as solicitudes excedesen a oferta dispoñible, celebrarase un sorteo, que terá lugar o xoves 21 de decembro, ás 11 horas.  
 
Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de espera para cubrir baixas ou novas necesidades.
 
Podes consultar as bases no documento adxunto.
Vista previaAdxuntoTamaño
bases_participacion_cabalgata_reis_culleredo_2018.pdf36.92 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina