Celebrado o Pleno Infantil con 273 escolares de cinco colexios de Culleredo

O Pleno Infantil de Culleredo viviu hoxe a sesión máis multitudinaria dos seus 18 anos de historia. Tanto é así que esta vez celebrouse no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples para poder acoller os 273 escolares de 6º de primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo, Sofía Casanova, Ría do Burgo, Tarrío e o Ponte Pasaxe.
 
A corporación infantil formouse con 21 concelleiros, como a oficial. Todos os centros contaban con 4 edís, a excepción do Díaz Pardo que tivo 5, ao ter entre as súas filas ao alcalde infantil, Aldán Martínez, que estivo axudado na mesa polo rexedor José Ramón Rioboo Castro e a concelleira de Educación, Carmen Varela.
 
Os edís do Sofía Casanova propuxeron actuacións para combater o plumacho e os do CEIP Tarrío o incremento de xogos en parques infantís dedicados ás persoas con discapacidade. Os pequenos da Ría do Burgo defenderon un plan de melloras na contorna do seu centro.
 
Pola súa banda, os do Ponte Pasaxe invocaron aos 50 aniversario do seu colexio para pedir a ampliación da rúa que leva o nome da súa fundadora, Leonor García Ramírez. E os do Isaac Díaz Pardo avogaron pola creación dunha canceira municipal. 
 
Todas as mocións foron aprobadas. Rioboo felicitou aos pequenos pola "lección de democracia" que demostraron e foi comentando os acordos. Sobre os plumachos, concordou plenamente na necesidade de erradicar a especie invasora. Explicou que se está esperando a un plan coordinado desde a Xunta que garantan unha eficacia nas operacións de eliminación da planta.
 
Sobre os xogos para nenos con discapacidade ou con mobilidade reducida, defendeu un incremento progresivo. De feito, o Concello está a incluílos nos seus plans actuais de renovación de parques, aínda que avisou aos presentes que por norma non se poden sinalizar dado que o que se busca é a integración dos usuarios.
 
O alcalde comprometeuse á ampliación da rúa Leonor García Ramírez, o que suscitou a ovación dos pequenos do Ponte Pasaxe. E avanzou que os próximos orzamentos terán as partidas para tres zonas dedicadas aos cans.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina