Campamentos de Nadal do Concello de Culleredo

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro os mozos e mozas de Culleredo con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos poderán gozar dos Campamentos Recíclate no Nadal, que terán lugar no CEIP Isaac Díaz Pardo.

Os días de campamento serán o 22, 27, 28 e 29 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Hai 80 prazas dispoñibles e o prazo para anotarse vai desde o 27 de novembro ata o 5 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

De 9 a 14 horas, as nenas e os nenos levarán a cabo diferentes obradoiros nos que verán distintas maneiras de crear obras de arte e os seus propios xoguetes a través da reciclaxe de obxectos cotiás, para así poder reducir, reciclar e reutilizar. Coñecerán tamén á nova mascota de Culleredo, a garza Esperanza, que axudará a facer da Terra un mundo mellor.

O prezo para os empadroados, que terán preferencia, é de 42 euros e para os non empadroados serán 84 euros. Ademais, os que o desexen poderán contratar un servizo de almorzo e xantar.

Haberá unha reunión informativa o 13 de decembro ás 20 horas no Edificio de Servizos Múltiples.

Descarga o boletín de inscrición e o documento para solicitar almorzo e xantar:

 

Vista previaAdxuntoTamaño
Boletín de inscrición431.25 KB
Almorzo e xantar29.32 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina