Nova estrutura política do Concello de Culleredo

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, asinou as novas delegacións de funcións e cambios na estrutura do goberno local. Estas modificacións prodúcense tras a substitución na alcaldía e a entrada como concelleira de Penélope López.
 
O goberno municipal mantén a súa estrutura en oito áreas, pero con tres cambios principais. A área de Presidencia, a cargo do rexedor, integrará as competencias de Medio Ambiente, Obras e Servizos, que ata agora asumía Rioboo. Desta forma preténdese manter a dirección dun dos servizos municipais ao que máis recorren os veciños de forma habitual.
 
Marta Iglesias asume a área de Patrimonio, Contratación e Facenda. Desta forma traspásanse a esta área todas as funcións de Facenda, incluíndo as que dependían de alcaldía ata agora.
 
Marta Figueroa asume a área de Seguridade Cidadá, Recursos Humanos e Réxime Interior. Ata agora era concelleira delegada de Persoal e Novas Tecnoloxías dentro da área de Patrimonio. Asume tamén Réxime Interior e Seguridade Cidadá.
 
Penélope López será concelleira delegada de Participación Cidadá, ámbito ao que quere dar especial relevancia o alcalde, como xa mencionou no propio discurso de investidura. López asume tamén a competencia do Conservatorio. Estará integrada na área de Educación e Cultura.
 
O resto de concelleiros manteñen as súas mesmas competencias. A estrutura é por tanto a seguinte:
 
1. Área de Presidencia: José Ramón Rioboo. Encargarase da coordinación do goberno e das relacións institucionais, así como de Medio Ambiente, Obras e Servizos.
 
2. Área de Benestar Social e Igualdade: Lupe Pombo. Xestionará a prestación de servizos asistenciais á cidadanía, atención á exclusión social, políticas de muller, atención á terceira idade e igualdade. Tamén integrará ao voluntariado e os campos relacionados coa sanidade.
 
3. Área de Patrimonio, Contratación e Facenda: Marta Iglesias. Inclúe a xestión do patrimonio, os procedementos de contratación e a politica fiscal en xeral.
 
4. Área de Urbanismo: Diego Taibo. Asume as competencias municipais sobre ordenación do territorio e urbanismo (concesión de licenzas, expedientes de disciplina...).
 
5. Área de Seguridade Cidadá, Recursos Humanos e Réxime Interior: Marta Figueroa. En materia de seguridade asume o control e ordenación do tráfico en vías urbanas, a Policía Local e Protección Civil. Coordinará o funcionamento da administración municipal, a promoción das TIC para a administración e o persoal.
 
6. Área de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas: Juan Carlos Iglesias Lovelle. Xestiona as políticas de dinamización da economía local, fomento de actividades económicas, os plans de formación, o comercio e a promoción dos valores turísticos e dos eventos e festas do Concello.
 
7. Área de Educación, Cultura e Participación Cidadá: Carmen Varela. Aglutina as políticas de promoción e difusión da cultura, a vixilancia do cumprimento de escolarización obrigatoria, ou as escolas infantís.
Dentro desta área encádrase a Concellería delegada de Participación Cidadá, que asume Penélope López, que engloba as actuacións de fomento da participación veciñal e a xestión do Conservatorio.
 
8. Área de Deportes e Ocupación do Tempo Libre: Miguel Suárez. Asume as políticas municipais de promoción do deporte, as relacións cos clubs, e as políticas de tempo libre dirixidas á mocidade, con actividades e uso de infraestruturas.
 
A xunta de goberno, como xa se especificou, estará composta por:
  •  José Ramón Rioboo (alcalde).
  •  Diego Taibo (primeiro tenente de alcalde).
  •  Lupe Pombo (segunda tenente de alcalde).
  •  Carmen Varela (terceira tenente de alcalde).
  •  Juan Carlos Iglesias Lovelle (cuarto tenente de alcalde).
  •  Marta Iglesias (quinta tenente de alcalde).
  •  Miguel Suárez (sexto tenente de alcalde).
  •  Marta Figueroa (sétima tenente de alcalde).
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina