Culleredo leva este mes o seu programa educativo a 1300 alumnos de seis colexios do municipio

En Culleredo, o Concello tamén se implica en materia educativa. Aínda que a competencia é da Xunta, o Concello leva a cabo desde hai anos un programa educativo complementario, denominado 'EducaCulleredo' en diversos ámbitos que se concreta co persoal docente de cada centro.
 
Cada ano, as escolas, colexios e institutos elixen as actividades educativas que lles interesa de entre o amplo catálogo que deseña o servizo municipal, e que se realizan en horario docente. Este mes comeza a execución do programa coa participación de 1.308 alumnos de seis centros educativos.
 
No ámbito de educación cívica, o Concello organiza dúas actividades para achegar o traballo das forzas de seguridade aos pequenos. Un total de 259 alumnos de 5º de primaria aprenderán como actuar en caso de incendios ou os primeiros auxilios básicos da man dos efectivos de Protección Civil. E outros 127, neste caso de 6º, visitarán a sede da Policía Local para entender como funciona o corpo e danse resposta ás necesidades dos cidadáns.
 
Outro dos programas que empezan este mes é o de Fomento da Lectoescritura. A mascota da Biblioteca Municipal, a dragona Ramona, encargarase de incentivar a lectura entre 689 pequenos de 4º a 6º de infantil. E 233 de 4 de primaria asistirán a un obradoiro para aprender a escribir un conto.
 
Este é o inicio de 9 meses cheos de actividades educativas coas que o Concello colabora cos centros de ensino abordando áreas de coñecemento adaptadas a cada idade e que traballan conceptos en coordinación coa docencia regrada.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina