Programa de actividades infantís nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.

 

Todas as semanas os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio. A oferta de actividades inclúe:

  • Contacontos coa Dragona Ramona (a partir de 3 anos).
  • Contos en inglés (a partir de 4 anos).
  • Biblioxogos (a partir de 9 anos).
  • Obradoiro de contos (de 5 a 8 anos).
  • Contos para bebés (de 0 a 3 anos).
  • Obradoiros de cociña (de 8 a 11 anos).

 

Todas estas actividades se levarán a cabo polas tardes ás 18:30 horas, agás 'contos para bebés' que será ás 17 horas e o obradoiro de cociña do 28 de decembro que se celebrará ás 11 da mañá xa que os máis pequenos se atopan nas súas vacacións do Nadal.

 

Tanto os obradoiros como os 'biblioxogos' requiren inscrición previa, que se poderá formalizar na mesma semana na que se leve a cabo a actividade.

 

Adxuntamos o calendario das actividades ata decembro:

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina