Concurso de fotografía para a mocidade

O Concello de Culleredo desenvolve desde o principio do verán un novo programa específico para mozos, destinado a promocionar as súas habilidades artísticas. A iniciativa baséase en técnicas audiovisuais e novos medios.
 
Como punto final e práctico a esa programación, o Concello estrea concurso de fotografías dirixido aos mozos. Búscase que plasmen elementos do patrimonio natural, cultural, social ou deportivo de Culleredo, desde a súa propia visión.
 
A intención, tal e como se marca nas bases, é que recollan aspectos da vida cotiá, paisaxes, monumentos, ou recunchos por descubrir do municipio. Poderán participar os mozos entre 14 e 30 anos de idade, a título individual, cun máximo de tres obras.
 
O prazo para presentalas xa está aberto ata as 24.00 horas do 1 de outubro. Do 2 ao 5 de outubro abriranse as votacións tanto do xurado como do público, mediante o Facebook de Xuventude Culleredo. O 6 de outubro darase a coñecer os nomes dos gañadores durante clausúraa do programa, denominado "Reprogramarte".
 
Haberá dous premios. O do xurado, cunha cámara deportiva de premio, e o do público, cunha cámara instantánea.
Vista previaAdxuntoTamaño
bases_concurso_i_reprogramarte_cipax_2017.pdf448 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina