O Concello contratou a 10 parados de longa duración para formar unha brigada de obras

O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
 
O pasado venres conformouse a brigada, baixo a denominación de Culleredo Social, que terá unha duración de sete meses, ata o mes de abril incluído. A contratación será de 28 horas á semana, o que propiciou que o número de beneficiarios fose maior.
 
O obxectivo dos traballos da brigada será realizar tarefas de conservación en espazos naturais e promover melloras en zonas públicas do municipio. Con este proxecto de inserción laboral, o Concello quere mellorar a empregabilidade dos participantes a través da adquisición da práctica e experiencia  profesional necesarias para facilitar a súa incorporación ao traballo. 
 
Esta acción únese ao programa de formación laboral que executa cada ano o Concello de Culleredo como camiño de axuda ás persoas en paro de face a buscar a súa inserción laboral.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina