Roda o balón en agosto cos tradicionais Torneos de Fútbol de Culleredo

Mañá, venres 11 de agosto, o Campo de Rutis e o do Burgo acollen o primeiros partido do Torneo de Fútbol do Concello de Culleredo. Ás 21 horas o Olímpico de Rutis 'A' medirase ao seu equipo 'B' e, doutra banda, o Sporting Burgo enfrontarase á UDJ Almeiras; dando o pistoletazo de saída a un mes de agosto cheo de partidos. O torneo divídese en tres categorías: Afeccionado, Veterán e Infantil e participan os seis equipos do Concello: Olímpico de Rutis, Sporting Burgo, UDJ Almeiras, AD Culleredo, Portazgo SD e CF Fontemaior.

Unha das categorías, a de afeccionados, celebra este ano a súa 40 edición e xa se converteu nun evento tradicional do verán cullerdense. Mentres, a competición de veteráns cumpre 20 anos e o trofeo infantil celebrarase por quinta vez. As finais terán lugar o 26 de agosto (Afeccionados e Infantís) e o 1 de setembro (Veteráns) e os partidos celebraranse nos campos de Rutis, O Burgo, Almeiras e O Carrizo.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, recalcou a importancia que esta cita estival ten para os veciños cullerdenses e aseguro que ano tras ano os torneos certifican "a boa saúde do fútbol no municipio".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina