Os veciños anímanse a facer ximnasia no Verán Movidiño

As clases de ximnasia ao aire libre que organiza no verán o Concello de Culleredo espertaron gran interese nesta primeira semana. Máis de 100 veciños animáronse a participar nalgún dos puntos onde se celebran as sesións, abertas ao público sen necesidade de inscrición previa.
 
Trátase do programa "Verán Movidiño", co que os participantes poden porse en forma axudados polo bo tempo. As clases comezaron o pasado luns 10 e prolongaranse ata o 30 de setembro.
 
O Concello dispuxo clases tanto no rural como na zona urbana. Os luns a cita é no centro social de Sueiro, de 19.30 horas a 20.30 horas; os martes no Noso Lar de Tarrío, de 20.00 a 21.00 horas; os mércores no parque de Celas de Peiro, de 19.30 a 20.30 horas, os xoves no centro cívico de Fonteculler, de 10.00 a 11.00 horas; e os venres no Paseo Marítimo do Burgo, xunto ao parque biosaludable, de 10.00 a 11.00 horas.
 
Non importa a idade, é gratuíto e tampouco fai falta apuntarse simplemente desprazarse a un do cinco puntos nos que se realiza a actividade por parte dun monitor especializado. A iniciativa pretende "incentivar aos veciños de todas as idades a levar un verán activo e adquirir este hábito saudable", explica a concelleira de Benestar, Lupe Pombo.
 
A actividade leva a cabo diferentes modalidades de exercicios: ximnasia, paseos, sendeirismo, xogos, e mesmo o uso de aparellos dos parques biosaludables. A música non faltará para animar aos participantes a seguir o ritmo dos monitores e, de paso, chamar a atención dous paseantes. Calquera que pase pola zona pode animarse a participar na actividade.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina