Aberta a inscrición no obradoiro de kokedamas que organiza o Concello

O Concello de Culleredo pon á disposición dos seus veciños a posibilidade de aprender a facer plantas de formas creativas e sorprendentes a través dos obradoiros de kokedamas, que se realizarán durante a mañá do próximo mércores 12 de xullo no Centro Cívico de Fonteculler, entre as 10.30 e as 13.30 horas.
 
A arte de facer kokedamas é unha antiga técnica xaponesa que ten certas similitudes cos bonsáis, xa que ambas as técnicas reteñen as plantas nunha pequena porción de terra, pero os coidados das kokedamas son moito máis sinxelos. Neste caso, a planta é cultivada sobre unha bóla de musgo e substrato, é dicir, sen maceta.
 
A inscrición é gratuíta e xa se pode facer nos Servizos Múltiples do Burgo, cun límite de 15 prazas. O Concello de Culleredo anima a non deixar pasar esta oportunidade de aprender a facer unha planta de época xunto cos seus cuidados básicos.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina