Convocatoria e Bases da convocatoria para a formación dunha lista de substitución de traballador/a social (persoal funcionario interino)

Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de traballador/a social (persoal funcionario interino)

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 05 de xuño de 2017 aprobou a convocatoria e as bases da convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de traballador/a social (persoal funcionario interino).

A presente convocatoria rexerase pola citadas bases aprobadas na Xunta de Goberno Local de 05 de xuño de 2017 e polas Bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución e que se publican nesta páxina web como documento anexo.

O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Prazo presentación solicitudes. No BOP do 21 de xuño de 2017 (núm. 116), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 22 de xuño ao 03 de xullo de 2017, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (do 17 ao 23 de outubro de 2017) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión.

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez rematado o prazo establecido, a lista provisional elévase a definitiva.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_xerais_para_a_seleccion_de_funcionarios_interinos_e_persoal_laboral_temporal_mediante_listas_de_substitucions.pdf288.96 KB
bases_especificas_para_a_formacion_dunha_lista_de_substitucion_de_traballador_social.pdf269.49 KB
solicitude_.pdf200.47 KB
listas_provisional_dos_aspirantes_admitidos_-_excluidos.pdf363.9 KB
lista_definitiva_aspirantes_admitidos_e_excluidos_traballador_social.pdf445.16 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina