O novo depósito de Emalcsa en Almeiras evitará os problemas de turbidez e presión de auga no municipio

A construción dun novo depósito de auga en Almeiras, por parte de Emalcsa, é fundamental para o abastecemento da área metropolitana, e solucionará en Almeiras e en varias parroquias de Culleredo os problemas xerados pola reserva limitada de auga existente no depósito actual.
 
Tras as obras, o goberno municipal acometerá diferentes actuacións na parroquia de Almeiras que agardaban que se definise o proxecto do depósito e as obras da rede. Neste sentido Almeiras verá como se humanizan as contornas desde a igrexa ata Alvedro coa mellora do firme, soterramento de liñas e construción dun parque e aparcadoiro na Choeira, recreado nesta imaxe, á vez que nesta mesma rúa ata As Catas construiranse novas beirarrúas.
 
Un dos beneficios do novo depósito será o impulso do crecemento da parroquia de Almeiras. No proceso de redacción do Plan Xeral, a Xunta de Galicia advertiu de que non autorizaría licenzas de nova obra en Almeiras se non se provía un sistema que garantise o abastecemento de auga potable, como será este caso.
 
O novo depósito terá unha capacidade de 6.000 metros cúbicos, o que multiplica por 12 as reservas coas que se conta na actualidade. A infraestrutura evitará as situacións ocasionais que padecen veciños de Culleredo, como turbidez e problemas de caudal e presión. Tamén se consegue unha potente capacidade de resposta para o caso de avarías.
 
A súa planta circular terá 28,60 metros de diámetro e a súa altura máxima alcanzará os 8,75 metros. A empresa subministradora ten eses terreos desde hai anos en Almeiras porque é punto crave para o abastecemento de auga de Culleredo e a área metropolitana.
 
A Dirección Xeral de Patrimonio informou favorablemente os traballos. As características estéticas e os materiais, cores e acabados deben ser acordes coa contorna. Esta mesma condición xa a transmitiu o Concello de Culleredo a Emalcsa.
 
O goberno local é consciente da necesidade da infraestrutura para o abastecemento do municipio e a área metropolitana, pero velará tamén porque o proxecto se integre á perfección en Almeiras.
 
A empresa manexaba en 2008 un proxecto moito máis grande, con dous depósitos de 15.000 metros cúbicos, que foi rexeitado polos veciños e o Concello polo impacto que levaría. Agora faise un só depósito e tres veces máis pequeno.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina