Un plan municipal de 260.000 ampliará a rede de saneamento en diversos núcleos

O Concello de Culleredo emprenderá un novo plan para ampliar o servizo de saneamento de augas residuais en diversos núcleos. Será un investimento de 260.000 euros, procedentes das arcas municipais, para responder a peticións trasladadas polos veciños.
 
Un primeiro paso será unha pequena actuación para instalar a rede no núcleo dos Condes, pertencente á parroquia de Sésamo. O Concello iniciou o procedemento de contratación da obra. Conta cun orzamento de 27.366,98 euros.
 
A intervención consistirá na instalación dun colector de 164 metros de lonxitude que permitirá dar servizo aos inmobles da contorna. Os traballos obrigarán a acometer un cruzamento na AC-400 e incluirán a instalación dun pozo de rexistro de formigón prefabricado.
 
Posteriormente, o plan contempla actuacións en Cillobre, Vinseira, Boedo, Conduzo, Outeiro, Souto e Os Confurcos.
 
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, sinala que o proxecto responderá as peticións transmitidas polos veciños. Explica que o incremento da rede de saneamento é "unha constante" nos plans municipais de cada ano polos beneficios para o medio e as mellores prestacións que supón o servizo para os residentes.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina