O goberno municipal buscará a unión do pleno para esixir ao Estado o uso do superávit en investimentos

A boa situación económica que presenta o Concello de Culleredo, do mesmo xeito que outros moitos concellos, choca coa prohibición determinada polo Goberno do Estado de empregar eses fondos en investimentos para os veciños. Por iso, o goberno municipal que preside Julio Sacristán presentará mañá xoves 27 de abril no pleno ordinario unha iniciativa para esixir ao Goberno Central que autorice o uso do superávit.
 
O Concello buscará a unión da corporación nunha demanda que considera "xusta" para os veciños de Culleredo: poder reinvestir o superávit en calquera iniciativa programada para mellorar a calidade de vida do cidadán. Iso si, garantindo que non se poña en risco a estabilidade orzamentaria.
 
A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) tratou sen éxito de mediar co Goberno do Estado e decidiu en reunión extraordinaria implicar aos Concellos para facer forza conxunta desde os plenos. O Concello de Culleredo así o quere facer.
 
O ano 2016 finalizou cun superávit de 2.638.715,87 euros e un remanente de 6.970.922,60 euros, un 24% maior que no ano anterior e o valor máis positivo da última década. Unha situación que debería repercutir en investimentos para Culleredo, considera o equipo de goberno.
 
Así ocorreu en anos anteriores. A autorización do Goberno permitiu executar obras como a reforma do Edificio de Servizos Múltiples ou a remodelación do campo de fútbol de Rutis, entre outras. Pero que agora o Goberno do Estado non posibilitou, a pesar de que en 2016 os municipios españois sumaron 7.083 millóns de superávit.
 
Por iso, a moción que mañá leva a pleno tamén insta os grupos parlamentarios a adoptar as medidas lexislativas oportunas para lograr a autorización.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina