Aprobadas as bases do I Memorial Tino Poza de Artes Plásticas

A figura de Celestino Poza perdurará desde este mesmo ano a través do Memorial que creará o Concello de Culleredo. O pleno aprobou as bases propostas polo goberno local que rexerán esta primeira edición.
 
O I Memorial Tino Poza de Artes Plásticas terá lugar no segundo semestre deste ano no xardín botánico do Burgo. A ría do Burgo, co seu patrimonio natural e monumental, será o tema sobre o que deben versar as obras nesta primeira edición.
 
O Concello concibe o memorial como unha xornada dun día, de pintura "in situ".  Poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acuarela, acrílico".
 
O certame está aberto á participación de calquera persoa, posto que se obxectivo é difundir as artes plásticas entre o conxunto da cidadanía. Estableceranse tres categorías: adultos, xuvenil e infantil. Para o caso dos adultos estableceranse tres premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros respectivamente, mentres que para as restantes concederase material.
 
O memorial nace coa finalidade de homenaxear a figura de Poza e promocionar a cultura entre os veciños de todas as idades, meta pola que pelexou sempre o ex concelleiro.
 
A idea do Concello consiste en que o memorial sexa itinerante polas distintas parroquias de Culleredo, para chegar a todos os cidadáns. O goberno local destaca que o traballo de Poza deixou "unha pegada" en Culleredo  pola que "merece ser lembrado".
 
Tino Poza, que faleceu o pasado decembro, foi concelleiro da corporación desde 1983 ata 2011, un total de 28 anos nos que exerceu sempre cargos dentro do grupo de goberno. Na súa traxectoria política destacou a súa vinculación á cultura. Converteuse de feito nun dos principais impulsores do desenvolvemento da actividade cultural en Culleredo.
 
A prolífica programación cultural permanente que hoxe en día vive Culleredo foi promovida por Celestino Poza, levando o teatro, as exposicións, a música e todo tipo de manifestacións artísticas ao municipio. Como pintor desenvolveu unha intensa actividade, con numerosas exposicións nos últimos anos, algunha tamén nas salas do Concello de Culleredo. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina