Campaña de recollida de xoguetes para familias de Culleredo

O Concello de Culleredo pon en marcha unha campaña que ten como obxectivo, por unha banda, conseguir xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos de Culleredo e de por outro ofrecer unha canle para a solidariedade veciñal que ano tras ano mostra o seu desexo de colaborar na consecución deste fin .

A campaña ten varias opcións de participación. Ata o xoves 15 de decembro están habilitados puntos de doazón de xoguetes e agasallos novos, ou en moi bo estado, en varios lugares do concello:

  • Centros de ensino públicos e concertados
  • Centros  municipais: Casa do Concello, Pazo de Vila Melania de Vilaboa , Conservatorio Profesional de Música, Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, e  o Centro Cívico de Fonteculler

Outra maneira diferente de colaborar nesta acción solidaria é formando parte do voluntariado que traballará nas liñas de cooperación ata o 22 de decembro, que rematan as entregas dos agasallos recompilados. Son benvidas tanto as colaboracións dun día como de varios.

Para iso é necesario chamar ao teléfono 981 65 45 70 do Centro municipal de servizos sociais onde tamén se atopa a Oficina Municipal de Voluntariado.

As asociacións e entidades do concello que organicen pola súa conta unha recollida de doazóns que queiran achegar a esta campaña poden facelo nestas mesmas datas directamente no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo  contactando previamente  coa técnica responsable da Campaña no teléfono mencionado.
 
A entrega dos xoguetes ás familias , previamente contactadas, terá lugar a partir do 16 de decembro. Aquelas familias que por primeira vez queiran ser tidas en conta como beneficiarias desta campaña, e que non fosen contactadas desde os servizos sociais pódense dirixir ao seu centro de servizos sociais do Burgo ou Vilaboa para solicitar unha cita coa a súa traballadora social .

A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, anima a cidadanía a sumarse en calquera destas formas para bater a marca de doazóns e axudar a que todas as familias con nenos conten cos seus agasallos nesta época tan especial.

Esta campaña municipal realízase de maneira coordinada con Cáritas e a Asociacion Abrente que traballan en Culleredo, e nela colaboran cos técnicos municipais, o voluntariado municipal e as alumnas de grao de Educación Social da Universidade da Coruña.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina