Un novo grafiti recibe aos usuarios do polideportivo do Burgo

O polideportivo municipal do Burgo xa loce nova imaxe. Os usuarios xa poden observar a nova decoración exterior, cun gran grafiti con motivos deportivos que foi encargado polo Concello de Culleredo.
 
Executouse no proxecto de mellora do pintado do polideportivo  do Burgo. A actuación cambia por completo o aspecto da infraestrutura, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían e deslucían a súa imaxe.
 
O grafiti fai referencia ás distintas modalidades que se practican na infraestrutura. Ten unha parte na fachada principal e outra na lateral, a que leva cara ao campo da Lavandeira, ambas as dúas sobre un fondo azul tamén novo.
 
Ademais do grafiti, a actuación municipal consistiu na renovación do pintado, que en partes do interior foise deteriorando. Reparáronse os puntos con maior necesidade, especialmente onde se detectaron humidades. 
 
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, sinala que coa actuación dáse resposta ás necesidades manifestadas polos usuarios, que son centos ao ser unha instalación moi utilizada á vez que se mellora notablemente a súa estética.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina