Comeza o campus inclusivo de patinaxe con 60 participantes e 4 ONG

Culleredo celebra esta semana a cuarta edición do Campus de Patinaxe Inclusivo, iniciativa do club Aura en colaboración co Concello e que conta co Premio á Intregación Social mediante o Deporte, concedido pola Fundación María José Jove en 2014. A súa particularidade é que conta coa participación cada ano de entidades sociais que poden inscribir a nenos proporcionándolles unha excepcional experiencia de integración.

Nesta ocasión, son catro as asociacións sociais que forman parte da iniciativa: Anhida Coruña (asociación de persoas con déficit de atención, con ou sen hiperactividade), Mestura (asociación pola integración social das persoas inmigrantes), Alcer Coruña (asociación para a loita contra as enfermidades do ril) e Dismacor (Asociación de pais de nenos e persoas con discapacidade das Mariñas Coruñesas).

A experiencia exclusiva consiste por unha banda, na convivencia de pequenos apuntados libremente cos procedentes da ONG, cuxa participación está apoiada polo club. E doutra banda, cada xornada do campus conta cun tempo para que as asociacións desenvolver os seus programas de concienciación e educación aos nenos.

Entre esas actividades atoparase a visita do can da asociación Anhida, especificamente adestrado para traballar os trastornos de hiperactividade, ou un taller de alimentación saudable.

Segundo Elisa López, responsable do club de patinaxe, a iniciativa promove a integración dos nenos destes colectivos desde unha perspectiva "normalizadora e inclusiva". Polo seu lado, a edila de Benestar Social, Lupe Pombo, asegura que o campus cumpre un papel fundamental na integración, a través dunha actividade deportiva.

O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez,  móstrase "convencido" de que este evento é un medio idóneo para propor experiencias integradoras como esta e fomentar de paso a práctica deportiva entre os máis pequenos.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina