Case 400 nenos e nenas nos campamentos para a conciliación do Concello

Case 400 nenos e nenas gozan xa dos campamentos urbanos do Concello de Culleredo. Esta iniciativa pensada para favorecer a conciliación das familias do municipio, cumpre este ano a súa edición XVII.
 
Os campamentos comezaron o 27 de xuño con dous grupos: o de infantil no CEIP Isaac Díaz Pardo e o de primaria no CEIP Sofía Casanova. O Concello de Culleredo ampliou este ano as súas prazas para estes campamentos urbanos co obxectivo de que accedesen a eles todos os empadroados que o solicitaron.
 
"Fixemos un maior esforzo porque sabemos que é unha actividade moi necesaria no verán para as familias", apunta a concelleira de Educación, Carmen Varela.
 
A oferta municipal, dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos, inclúe campamentos de distinta duración. Así, hai dúas quendas de cinco semanas, dúas de tres, e dúas quendas de dúas semanas, ata o 2 de setembro. As actividades desenvólvense de luns a venres, excepto festivos, en horario normal de 9.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 15.30 horas para os pequenos que optaron ao servizo de comedor
 
A edila asegura que os campamentos urbanos logran ano tras ano un maior interese entre os veciños ao tratarse de actividades lúdicas e pedagóxicas cuxo obxectivo é fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e dinámicas grupais, nos valores de cooperación, respecto, igualdade, corresponsabilidade, tolerancia e apoio mutuo serán a tónica predominante.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina