Dispositivo de seguridade pola V Carreira pola Ría do Burgo deste domingo

A mañá do domingo, 5 de xuño, reunirá centos de persoas na contorna do paseo marítimo con motivo da celebración da V Carreira pola Ría do Burgo. O Concello de Culleredo, organizador do evento coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, logrou a inscrición de 792 corredores das distintas categorías.
 
Por este motivo montarase un operativo especial de seguridade na mañá do domingo. O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, mantiveron unha reunión de organización do dispositivo de seguridade cos mandos de Policía Local e Protección Civil, así como co técnico municipal de Deportes.
 
O operativo estará formado por Policía Local, Protección Civil e voluntarios procedentes doutras agrupacións e da propia Federación.
 
A totalidade da proba discorre polas zonas peonís do paseo. A organización sinalizará debidamente o percorrido para evitar interferencias cos viandantes.  Os ciclistas deben cinguirse ao carril bici, que non se utilizará na proba.
 
A carreira estará acompañada por axentes en moto para atender no que fose necesario os participantes.
 
En canto ao tráfico, non se esperan grandes problemas ao discorrer a proba por zonas peonís. Se se acode en coche, poderase estacionar no aparcadoiro exterior de Gadis, ademais das rúas adxacentes. Non se poderá utilizar a chaira do recinto multiusos da ría porque o Concello celebra alí o curso de condución en circunstancias adversas para mozas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina