A proposta do Concello de incrementar a participación cidadá nos orzamentos foi rexeitada pola oposición

O Concello de Culleredo informa de que na sesión plenaria celebrada o pasado xoves quedou rexeitada a proposta do goberno local de modificar o regulamento de participación cidadá. Os votos a favor do equipo de goberno non bastaron para lograr a maioría absoluta necesaria para a súa aprobación, dado que todos os partidos da oposición decidiron absterse.

Desta forma, o regulamento de participación cidadá do Concello de Cullered continúa coa anterior redacción. En concreto eran dous os cambios que levaba a pleno o goberno municipal, acordes co sistema de Consellos Sectoriais que o propio goberno propuxo anteriormente e que si que recibiu o respaldo plenario.

En primeiro lugar, a proposta incluía promover os orzamentos participativos. O goberno local apostaba por incrementar a porcentaxe que o Consello de Participación Cidadá podía decidir dos investimentos do orzamento, pasando do 10% ao 30%. Ao quedar rexeitada, a porcentaxe manterase nun 10%.

E en segundo lugar, tal e como fixo o alcalde desde o inicio do mandato con outros órganos, propúñase modificar a composición do Consello para que os dous concelleiros do grupo mixto (BNG e Cidadáns) puidesen participar. Ao quedar rexeitado deberán turnarse como representante do grupo mixto.

Estas dúas modificacións non obtiveron o voto favorable da oposición. Precisamente no pleno, o rexedor, Julio Sacristán, avanzaba que de levar adiante o cambio os orzamentos de 2017 contarían con esa porcentaxe de investimento decidido polo Consello de Participación Cidadá.

O goberno municipal de Culleredo quere recalcar que continuará recibindo as propostas de asociacións e veciños para marcar as actuacións a realizar, como vén realizando habitualmente. De feito, algunhas dos investimentos decidido no pasado pleno, como a construción dun aparcadoiro no Portádego, o arranxo do polideportivo do Burgo ou a mellora do parque infantil do paseo marítimo proceden de propostas de residentes nesas zonas.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina