O Concello de Culleredo pechou 2015 cun superávit de 2,7 millóns de euros

O Concello de Culleredo continúa coa liña de mellorar a súa capacidade económica, cumprindo coas esixencias do Goberno de déficit para o 2015. Culleredo pecha o exercicio económico de 2015 en superávit e cun importante incremento do remanente de tesouraría. Así se desprende da liquidación orzamentaria que acaba de aprobar o goberno municipal.
 
O ano 2015 finalizou cun resultado positivo de 2.755.447,28 euros. Obtense por mor duns dereitos recoñecidos netos de 21.613.911,46 euros e unhas obrigacións recoñecidas netas de 20.134.713,21 euros. A iso hai que realizarlle uns axustes de 1.276.249,03 euros, polo importe de obrigacións recoñecidas que foron financiadas con remanente de tesouraría e as desviacións de financiamento por axentes positivos e negativos, obtendo a mencionada cifra de superávit.

É no remanente de tesouraría, magnitude que serve para ofrecer unha imaxe real da situación económica municipal, onde se pon de relevancia o arduo traballo de aforro que está a promover o goberno municipal. O remanente obtense como suma dos fondos líquidos máis os dereitos pendentes de cobro, deducindo as obrigacións pendentes de pago e agregando as partidas pendentes de aplicación.

O Concello de Culleredo logra un remanente de 5.607.714,21 euros, o que supón un incremento de 1,5 millóns con respecto ao ano anterior, é dicir, un 37%. É o valor máis alto conseguido na última década polo Concello.

A obtención deste remanente positivo permite ao Concello de Culleredo continuar con operacións de amortización das operacións de crédito concertadas, pero tamén a realización de investimentos sustentables, segundo o Real Decreto-Lei 17/2014, de medidas de sustentabilidade financeira.

Grazas a esta cláusula, e aproveitando o remanente, o Concello xa puido programar obras como a rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, a remodelación do campo de fútbol de Rutis, ou a cuberta dos patios do CEIP Tarrío, Ría do Burgo ou Sofía Casanova, entre outras actuacións.

O aforro neto tamén é positivo, alcanzando os 4.181.523,96 euros. Isto permitiría concertar novas operacións de crédito a longo prazo, aínda que a decisión do goberno local é non facelo e seguir axilizando a amortización.

A cifra de crédito bancario tamén se reduce nun 27% ata os 4.346.193 euros, dos que 3.459.092,22 euros son a longo prazo. En canto á capacidade de financiamento, desde o punto de vista non financeiro é de 3.121.887,43 euros, e desde o punto de vista financeiro, de 1.642.689,18 euros.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala como claves para este crecemento económico ao "traballo coordinado entre todas as áreas promovendo a contención de gasto" coa imprescindible implicación dos traballadores municipais.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina