Curso de aplicador/a manipulador/a de productos fitosanitarios ( nivel básico).

Dende a Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vaise levar a cabo un curso de Aplicador Manipulador de Productos Fitosanitarios ( Nivel básico). Trátase dun curso de 30 prazas, cunha duración de 27 horas e estará dirixido aos veciños/as empadroados/as no Concello de Culleredo de 18 anos ou máis.

Deben realizar este curso todas aquelas persoas que desexen solicitar o carné de Manipulador/a de Productos Fitosanitarios, posto que o diploma acreditativo de ter superado o curso é un requisito indispensable que se exixe para obter dito carné. (R.D. 1311/2012 de 14 de setembro polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. BOE nº 223, do 15 de setembro de 2012):

  • Agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación.
  • Persoal auxiliar de empresas e explotacións agrarias dedicadas á aplicación de productos fitosanitarios.
  • O persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de productos fitosanitarios.

O obxectivo deste curso é asimilar os coñecementos xerais en materia de axentes productores de danos nos cultivos e a analise e valoración destes, así como os métodos de loita e protección máis axeitados a cada caso; profundizar no coñecemento dos procedementos indicados para a manipulación e utilización de praguicidas e o tratamento dos residuos tras o seu uso; completar os coñecementos referidos á maquinaria de aplicación de praguicidas; potenciar a prevención de riscos laborais, optimizando a saúde laboral, a protección do medio ambiente e o uso das boas prácticas fitosanitarias e actualizar os coñecementos sobre aspectos referidos á Seguridade Social Agraria.

A información e as solicitudes para acceder a esta acción de formación levaranse a cabo dende o Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo, situado na rúa Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo (981664204).

O prazo de solicitude será do 11 ao 15 de ABRIL de 2016, de 9:00 a 14:00 horas. En caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas, realizarase un sorteo público.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina