O Concello contrata o mobiliario para a inminente reapertura de Servizos Múltiples

A reapertura do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, referente de actividades e atención ao veciño na zona urbana, é inminente. O Concello de Culleredo ultima os traballos de remodelación e tramita agora a contratación da dotación de mobiliario para as oficinas municipais.
 
Cun orzamento de 35.090 euros, o Concello adquirirá 13 mesas de traballo, unha mesa de reunións, 40 cadeiras, 13 gabetas e 16 armarios de diferentes tipos, segundo figura no prego de condicións que se pode ver na web municipal. O mobiliario destínase ás oficinas de Cultura, Deportes, Educación e Atención á Cidadanía que se situarán na á esquerda da planta baixa do Edificio.
 
Serán 164,20 metros cadrados os reservados para estas oficinas municipais. O alcalde, Julio Sacristán, destaca a gran mellora que se conseguirá na atención ao veciño ao dispor agora dunha zona máis ampla, moderna, e funcional. Esta zona dividirase nun espazo diáfano, varios despachos e unha sala de xuntas, ademais da zona de espera e conserxería xunto á entrada principal.
 
Nos criterios de adxudicación tense en conta a oferta económica, o deseño dos mobles en canto a parámetros de ergonomía, estética e funcionalidade, os materiais dos mesmos que incidan a unha maior durabilidade, a redución dos prazos de entrega (fixado nos pregos nun máximo de 30 días), e a ampliación do prazo de garantía.
 
En canto ás obras, o Concello xa ten listo ao auditorio, que terá acceso independente e disporá de vestíbulo, para protexer da choiva na entrada, e de aseos propios. Cunha capacidade para unhas 250 persoas, contará cun amplo escenario para acoller todo tipo de actos, desde teatrais a concertos ou musicais, apuntou o rexedor.
 
Xunto ao auditorio sitúase unha sala auxiliar, que substitúe á antiga sala de vídeo á que se accedía desde o exterior. De menores dimensións, esta sala é idónea para pequenos actos que realiza habitualmente o Concello como presentacións de libros, proxeccións, ou pequenas conferencias.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina