O Concello considera excesivo o retraso no proxecto de rexeneración da ría

A prórroga no estudo de impacto ambiental do proxecto de rexeneración da ría do Burgo determinada polo Ministerio de Medio Ambiente levará un parón excesivo na tramitación, a xuízo do Concello de Culleredo. O goberno local defendera a través do seu primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, na Mesa da Ría a necesidade de ampliar o prazo de alegacións por un mes, para dar tempo suficiente para o estudo do proxecto. Pero esta prórroga do prazo suporá un atraso importante nunha actuación de máxima importancia.

O Concello traballa en común cos mariscadores e o resto de municipios afectados, co asesoramento da Universidade da Coruña. Un dos aspectos nos que Culleredo porá especial énfase será no tratamento dos lodos confinados, que segundo o texto proposto irán en boa parte na contorna da desembocadura do río Trabe.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala que a nivel de esparexemento isto suporá unha vantaxe ao gañar uns 80.000 metros cadrados máis de paseo marítimo nesta zona. Pero avanza que se analizará con profundidade as garantías que se ofrezan para evitar que eses lodos produzan lixiviados que puidesen danar o hábitat.

Outro aspecto positivo, apunta o rexedor, atópase nas lagoas de Fonteculler. O proxecto contempla a drenaxe dos residuos e un novo firme que fará a contorna máis atractiva para os veciños.

O Concello de Culleredo considera prioritaria a recuperación dun espazo con relevancia ambiental, con actividade económica para moitas familias, e que alberga unha das máis grandes zonas verdes da área metropolitana actual.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina